Buscar este blog

miércoles, 8 de octubre de 2014

PRÁCTICA 2

OBRAS DE MIGUEL ANXO MURADO

Miguel Anxo ten obras escritas en galego, castelán e inglés. A súa obra en galego componse de:
Imaxe 1.
Narrativa:
· De soños e derribos (Galaxia, 1986). 
· Ruído. Relatos de guerra (Galaxia,1995): este libro trata sobre a guerra que o autor vive en Iugoslavia, mentres traballou como corresponsal, e sobre os comportamentos das persoas en situacións límite.
· Mércores de cinza (Galaxia, 1997): un libro que xunta dezaseis relatos que tratan a dor secreta do corazón humano e sobre o momento final, sen abandonar nunca a líria sobreidade que o caracteríza.
· O soño da febre (Galaxia, 2007): este libro está baseado nun episodio real da súa vida, un ataque febril vivido no Cairo. A partir diso vai narrando distintas historias sempre precedidas pola pantasma da febre.

-  Autobiográfica:
· Fin de século en Palestina (Galaxia, 2008): é un relato autobiográfico no que o autor conta as súas experiencis persoais vividas en Palestina durante os cinco anos que estivo alí enviado polas Nacións Unidas.

  Poesía
Imaxe 2.
· Bestiario dos descontentos (Xerais, 1985): é o seu primeiro libro en galego. Os textos que o compoñen siguen un proceso de concreción: pasase de animais propiamente ditos, a obxetos tradados como animais para acabar con cenceptos abstractos. Inclúe imaxes do seu irmán, Antonio Murado. 
· Lapidario (Xerais, 2000): este libro consiste nunha colección de epitafios. Recolle un conxunto de poemas que toman como materia literaria a biografía e intenan reducila. 
Imaxe 3.
Teatro:
· A grande noite de Fiz (Xerais, 1994): foi en principio un guión de cine que o propio autor adaptou para o teatro. Tivo un gran éxito en Galicia con Serxio Pazos como protagonista. 
· Historias peregrinas (Tris Tram, 1995): unha obra baseada na época barroca. Unha compañía de cómicos burgaleses van camiño de Santiago perdense nun bosque. Dous dos compoñentes do grupo marchan co seu diñeiro e as suas roupas. 

Ensaios:
· Luis Pimentel, unha fotobiografía (Xerais, 1990).
· Caderno de Xapón (Xerais, 2000): obra que o autor escribiu durante a súa estancia en Xapón. Neste ensaio reproduce unha conversación por medio de textos breves que se van entrelazando, as veces dunha maneira forzada. 
Imaxe 4.

En castelán as súas obras son:
· Metamorfosis benezianas (Polar Ediciones, 1983), narrativa: fábula metade realista metade fantástica na que se describe unha cidade imaxinaria, Benezia, na costa de Lugo, cun parecido a Venecia italiana. 
· La Segunda Intifada. Historia de la revuelta palestina (Ediciones del Oriente y el Mediterráneo, 2008), ensaio
· Otra idea de Galicia (Debate, 2008), ensaio


 

FONTES:

Murado, Miguel Anxo. Miguel Anxo Murado [en línea]  http://www.miguelmurado.com/index.htm  [Consulta: 6 outubro 2014].

Colaboradores de casa del libro. Casa del libro.com [en línea]. 
http://www.casadellibro.com/buscador/busquedaLibros?lang=es&busqueda=MIGUEL%20ANXO%20MURADO&nivel=5&auto=2
[Consulta: 6 outubro 2014].


FONTES IMAXES:

Imaxe 1
Colaboradores de Amazon, Amazon.com [en linea] http://www.amazon.es/Libros-MIGUEL-ANXO-MURADO/s?ie=UTF8&page=1&rh=n%3A599364031%2Cp_27%3AMIGUEL-ANXO%20MURADO [consulta: 6 outro 2014]
Imaxe 2
Colaboradores de todo coleccciones. Todocoleccion.net [en linea] http://www.todocoleccion.net/bestiario-dos-descontentos-migelanxo-murado-edi-xerais-1985-perfecto-correos-2-9-%E2%82%AC~x18900660 [consulta: 6 outubro 2014]
Imaxe 3
Colaboradores de Agrapea. Agrapea.com [en linea] http://www.agapea.com/libros/A-grande-noite-de-Fiz-9788475077901-i.htm [consulta: 6 outubro 2014 ]
Imaxe 4
Colaboradores de Fnac. Fnac.es [en linea] http://libros.fnac.es/a10952/Miguel-Anxo-Murado-Otra-idea-de-Galicia# [consulta: 6 outubro 2014]

1 comentario:

  1. Obras: As imaxes das cubertas dos libros non levan fonte¡ e da páxina de Murado, o título podería ser libros, polo apartado no que está. E os traballos no medio audiovisual, non se recollen?
    Premios: a url do circulo Bellas Artes, non vai.
    Revisión crítica: As citas están mal. Non se poñen esas comiñas incorporades.

    ResponderEliminar