Buscar este blog

lunes, 29 de septiembre de 2014

PRÁCTICA 1, PREGUNTA 4

PREGUNTA 4:  

Realizar listas das 10 personaxes máis influíntes no ámbito da Economía, Política, Xornalismo, Tecnoloxía, Cine (autores, expertos, investigadores, etcétera), cunha breve descrición de cada un deles. Non poden ser listas Forbes ou similares. Incorporar nomes dende mediados do século XX. Non poden ser presidentes de goberno ou directores de xornais.

As dez personaxes máis influíntes no ámbito da política son:
  1. Alexis Tsipras: este carismático político é o líder de Syriza, unha coalición grega de partidos de esquerda. Tamén é importante saber que estivo a punto de gañar as eleccións helenas.
  2. Mario Monti: foi o presidente de Italia dende o 16 de novembro do 2011 até agora mesmo, que dimitiu. Se non tomara esa decisión duraría no cargo até o mes de abril.
  3. Silvio Berlusconi: foi o fundador e presidente de Forza Italia, organización que logo se uniu á coalición denominada El Pueblo de la Libertad. Tamén foi Ministro de Relacións Exteriores de Italia no ano 2002 e  Presidente de turno do Consello Europeo durante o segundo semestre do 2003.
  4. Shinzo Abe: pertence ao partido Liberal Demócrata, o cal gobernou case sempre dende os anos 50. Este ministro xaponés está completamente a favor do crecemento económico e da inflación.
  5. Gaitán: político colombiano, é especialmente recordado polo debate que promoveu debido á masacre das bananeras, feito no que varios traballadores foron asesinados ao protestar polos súas condicións laborais na United Fruit Company, en 1929. 
  6. Francisco Javier Solana de Madariaga, más conocido como Javier Solana, foi ministro de cultura (1982-1988), Portavoz do Goberno (1985-1988), de Educación e Ciencia (1988-1992), de Asuntos Exteriores (1992-1995), Secretario Xeneral da OTAN (1995-1999), Alto Representante do Consello para a política Exterior e de Seguridade Común da Unión Europea (1999-2009) e Comandante en Xefe da EUFOR (1999-2009).
  7. Joaquín Almunia: é un destacado membro do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE). Actualmente é o Vicepresidente e Comisario Europeo de Competencia.
  8. Xavier vence: actual portavoz do partido BNG (Bloque Nacionalista Galego) dende marzo do 2013, Ademais tamén é un recollecido economista galego.
  9. Trinidad García: É a número tres do partido popular ó senado, ademais de ser diputada dende o ano 2001.
  10. Carmén María Chacón Piqueras, conocida como Carmén Chacón, é unha política española, membro da ejecutiva do PSOE e militante do Partido dos socilistas de Cataluña, ademais tamén foi presidente do consello de diputados.
Os resultados obtivéronse empregando:
  • Palabras clave: políticos, relevanates, sigloXXI, historia, persoaxes ligados a política

As dez personaxes máis influíntes no ámbito da economía dende o ano 2012 até o 2014 son:

  1. Paul Krugman: consideramos moi importante esta personaxe debido a que acertou en que a recuperación económica dibuxaría unha W. Isto aínda non ocorreu en todo o mundo pero sí  na zona euro.
  2. Josep Stiglitz: Incuímos este home na nosa listaxe debido a que no 2014 escribiu un libro que acadou un inesperado éxito: "El precio de la desigualdad. El 1% de la población tiene lo que el 99% necesita".
  3. Ben Bernanke: preside a Reserva Federal norteamericana. Asegurouse o posto grazas ao triunfo de Barack Obama nas eleccións do 6 de novembro fronte a Mitt Romney.
  4. Charles Evans: preside a Reserva Federal de Chicago. Conseguiu impoñer o seu criterio no Sistema de Reserva Federal: ligar a permanencia dos estímulos monetarios á baixada da taza de paro até o 6,5% dende o 7,7% actual. 
  5. Mario Draghi: é un pragmático que se enfrentou a Bundesbank e a Angela Merkel. Grazas a ese enfrontamento, as Bolsas subiron e evitouse o desastre.
  6. Luis de Guindos: Ministro español de Economía, destacou no 2012 polos decretos que diseñou para cubrir as previsibles pérdidas da banca con previsions ultimillonarias.
  7. Alvin E. Roth: é un economista estadounidense. Investiga a Teoría dos xogos e a economía experimental. Gañou no ano 2012 o Premio Nobel de Economía pola teoría sobre a asignación estable e a práctica de diseño de mercados. 
  8. Eugene Fama: é un econoista estadounidense, gañador do Premio Nobel de Economía no 2013 polo seu análise empírico dos prezos dos activos. Destaca polo seu traballo na Teoría de portafolio.
  9. Lars Peter Hansen: é un distinguido economista, profesor na Universidade de Chicago. No 2013 foi galardonado co Premio Nobel de Economía polos seus análises empíricos sobre cómo se fixan os prezos das accións e outros activos polo comportamento dos mercados.
  10. Por último, destacamos a Jeffrey Sachs: economista estadounidense graduado da Universidade de Harvard. É o director do Proxecto do Milenio, impulsado pola Organización das Nacións Unidas. 

Os resultados obtivéronse empregando:
  • Palabras clave: economía, economistas, influíntes, Premios Nóbel de Economía

En canto o ámbito do cine, destacamos a estas dez persoas:
  1. Amy adams: actriz de cine e televisión e tamén cantante estadounidendese nada en Italia. Gañou o premio Globo de Ouro na categoría de mellor actriz, e entre os seus mellores filmes destacan American Hustle, Muérete bonita e The fighter.
  2. Diane Paulus: directora de cine que foi nominada ao premio Tomy pola súa obra Pelo. Tamén gañou anteriores premios, como foi o recibido pola súa obra Pippin.
  3. Matthew McConaughey: actor estadounidense, gañador dun Globo de Ouro, dun premio SAG e dun óscar polo filme Dallas Buyers Club, así como doutros premios tamén de especial relevancia.
  4. Jordan Peele: actor e comediante americano coñecido pola súa participación en Clave e Peele.
  5. Seth Meyers: leva participando dende o 2001 ata a actualidade como guionista e director de cine. A súa creación máis sobresainte é Viaxe ao centro da terra.
  6. Bennedict cumberbatch: actor británico galardonado en númerosas ocasións tanto pola súa participación no cine como na televisión. Un dos seus filmes máis coñecidos é El Hobbit: un viaje inesperado.
  7. Robin Wright: actriz estadounidense cun largo percorrido na súa carreira profesional, participou en numerosos filmes pero cabe destacar o seu papel en  los hombres que ni amaban a las mujeres.
  8. Myley Cyrus: actriz e cantante de reconocido prestixio conocida internacionalmente pola súa actuación en Hanna Montana así como a súa aparición estelar como cantante.
  9. Robert Reford: importantísimo autor no mundo do cine, xa que ten unha longa traxectoria profesional e recibiu moitos premios como un Óscar ou un globo de ouro polo filme Ordinary people.
  10. George Clooney: actor estadounidense que ademais de destacar no mundo do cine, tamén e moi coñecido no mundo da publicidade como foron os anuncios de Nesspreso.
Os resultados para este apartado de cine obtivéronse empregando:
  • Palabras clave: cine, persoas influintes, actores importantes.


As dez personaxes máis influíntes no ámbito do xornalismo son: 
  1. Xosé María García Palmeiro: foi o primeiro decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e en Xornalismo pola Complutense de Madrid. 
  2. Xosé Manuel Pereiro: actual decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid traballou en numerosos medios escritos e radiofónicos. 
  3. Manuel Rivas: xornalista, escritor e poeta galego. As suas mellores reportaxes están recollidas no libro El periodismo es un cuento, que se usa como libro de texto en numerosas facultades de xornalismo.
  4. Pedro Armestre: xornalista galego gañador en 2014 do Premio Internacional de periodismo rey de España na categoría de Fotografía por unha imaxe tomada durante as festas de san Fermín, en Pamplona.
  5. Martina Bastos Anderu: xornalista 'freelance' galega con publicancións en numerosos medios de distintas nacionalidades. Foi galardoada en 2014 co premio Don Quixote de xornalismo polo seu traballo sobre a relación dos galegos coa choiva titulado La lluvia es una cosa que sucede en el pasado.
  6. José María Irújo: xornalista galego gañador en 2014 do Premio Internacional de periodismo Rey de España de Prensa polo seu traballo La vida oculta del asesino de Yolanda unha reportaxe sobre o asasinato de Yolanda González a mans de defensores da ultradereita publicada no xornal El País.
  7. Carmen del Riego: xornalista española especializada en información política e parlamentaria. en 2012 foi escollída como primeira presidenta da Asociación de Prensa de Madrid. En 2014 recibiu o premio Luis Carandell de Periodismo Parlamentario.
  8. Pepe Domingo Castaño: comunicador galego de radio e televisión. Conta con catro premios Ondas pola súa carreira profesional e a súa aportación como comunicador ademais do Premio Joaquin Prat de radio. 
  9. Luis del Olmo: coñecido xornalista e locutor de radio español. Moi vencellado sempre ao mundo radiofónico, destaca por ser director e conductor do programa de radio Protagonistas, considerado o mais lonxevo da radio española.
  10. Paloma Gómez Borrero: xornalista española que destaca por ser a primeira muller enviada como corresponsal ao estranxeiro por unha televisión nacional.
Os resultados obtiveronse empregando:
  • Palabras clave: xornalistas influintes, galegos, españois, premios xornalismo, 2014.

As dez personaxes máis influíntes  no ámbito da tecnoloxía son: 
  1. Miguel Cabanela: é un ciruxán ortopédico lucense que foi premiado pola Fundación Tecnología y Salud pola súa aportación ao desenrrolo de tecnoloxías sanitarias innovadoras.
  2. Avelino Corma Canós: é un químico español fundador do Instituto de Tecnoloxía Química. Galardoado en 2014 co premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica.
  3. Larry Page: empresario estadounidense creador, xunto con Sergey Brin, do buscador de información Google.
  4. Mark Zuckerberg: programador e empresario estadounidense coñecido por ser o creador de Facebook.
  5. Jack Dorsey: desarrollador de software e empresario estadounidense. Coñecido por fundar, xunto con Biz Stone e Evan Williams, a rede social Twitter.
  6. Steve Chen: nado en Taiwán, China, destaca por ser o cofundador, xunto con Chad Hurley e Jawed Karim, e director técnico de YouTube.
  7. Jimmy Wales: empresario de Internet estadounidense coñecido por ser cofundador e promotor de Wikipedia.
  8. Andrew Rubin: enxeñeiro en tecnoloxías e cofundador do sistema para smartphones, Android.
  9. Bill Gates: empresario e informático estadounidense que destaca por ser o cofundador da empresa de software Microsoft, xunto con Paul Allen. Actualmente é un dos homes máis ricos do mundo.
  10. Steve Jobs: empresario e magnate dos negocios do sector informático e da industria do entretemento estadounidense. Coñecido por ser o cofundador e presidente executivo da empresa Apple
A lista realizouse empregando:
  • Palabras clave: personaxes influintes, tecnoloxía, premios, descubrimentos. 


As fontes empregadas para a obtención dos datos foron:

1 comentario:

  1. as fontes, mal redactadas. Os políticos son políticos profesionais; na lista de economistas aparecen responsables de organismos e en tecnoloxía, os nomes dos multimillonarios que dirixen empresas.

    ResponderEliminar